Friday 17 de May de 2024

‘Somos nós’ e Cáritas Ordes acadan máis de 250 quilos de alimentos doados pola veciñanza


Máis de 250 quilos de alimentos non perecedoiros é a cantidade que se recadou por parte de Cáritas na igrexa parroquial de Santa María de Ordes. Un chamamento ao que veciños e veciñas do municipio responderon masivamente, e que ademais tiña como aliciente o concerto de música tradicional ofrecido polo grupo local ‘Somos nós’. Unha actuación que tivo lugar hai escasos días e que se completou coa participación de dúas parellas de baile tradicional. Con todo isto no templo da vila combináronse á perfección música, diversión e solidariedade.